divendres, 21 de març del 2008

poemes

ao chegar ao poema e no primeiro verso, a casa
verás a casa deitada na tarde,
solaina de portas abertas, e con tal luxuria
que na seguinte liña
desexarás ser a brisa que agora entra
e a dous centímetros exactos de caricia
percorre as súas estancias e colma as cortinas.
pero ti,
chamada por unha das palabras escritas máis abaixo,
cruzarás a eira ata o xardín e alí
baixo unha sombra que as follas tezan
sentarás a escribir un poema
no que ti mesma observas o terreo e o edificio e alguén
que chega

é alguén anterior a ti
un home de cabelos grises que garda a casa
pero que no poema é aínda neno e de ollos vivos
que baixo sombra idéntica
e nesta mesma tarde que detén este verso,

senta no espazo exacto, idéntico
ao que ti ocupas,
e no seu caderno escribe
que ti estás aquí
no final do poema

pero que non es a única.

Maria Lado

(És un poema copiat de casatlantica, un bloc com aquest però ja major)